Ola! Son Elizabeth e son psicóloga xeral sanitaria.
Desde sempre me moveu unha profunda curiosidade por comprender como pensamos, sentimos e nos relacionamos. Considero que son unha persoa empática, cunha escoita atenta e un toque de humor que me axuda a acompañar desde a proximidade e a humanidade compartida.
A miña forma de traballar parte da idea de que todas as persoas intentamos adaptarnos como podemos ás nosas circunstancias. Ás veces esas circunstancias están fóra do noso control, e as nosas formas de adaptarnos poden acabar xerando sufrimento. Comprender isto non significa xustificar o dano, senón recoñecer que detrás de moitas condutas hai intentos de protexernos ou de atopar equilibrio. Desde esa comprensión ábrese a posibilidade de responsabilizarnos e transformar o que doe.
Formeime na Universidade Complutense de Madrid, onde obtiven o Grao en Psicoloxía e o Máster en Psicoloxía Social. Posteriormente, realicei o Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria na Universidade de Santiago de Compostela, onde actualmente estou a realizar o Doutoramento en Psicoloxía e colaboro como investigadora na área das adiccións.
Ao longo da miña formación especialiceime na intervención en adiccións, depresión, ansiedade, situacións de crise, problemas relacionais e no acompañamento de persoas do colectivo LGBTIQ+.
Traballei durante varios anos en investigación, e esa experiencia permíteme integrar métodos baseados na evidencia sen esquecer que cada persoa é única, e que as técnicas deben adaptarse a quen as utiliza, non ao revés.
Principalmente utilizo ferramentas da Terapia Cognitivo-Condutual e da psicoloxía baseada na evidencia, adaptadas ao proceso e ao ritmo de cada persoa.
Ambas opcións. Atendo na miña consulta en Santiago de Compostela e tamén realizo consulta online, que é igual de eficaz e segura.
Ansiedade, depresión, adiccións, procesos de cambio, problemas relacionais e acompaño a persoas do colectivo LGBTIQ+.
Cada sesión ten un custo de 60 €, tanto presencial como online.
Podes escribirme ou chamarme. Respondereiche canto antes para que poidamos axendar a primeira sesión ou resolver calquera dúbida.
Pedir axuda xa é un gran paso. Se estás a ler isto, é porque hai algo dentro de ti que merece atención. Estou aquí para acompañarche, sen xuízo e ao teu propio ritmo, con coidado e comprensión.